Campións Provinciais.

O equipo alevín do Xadrez Rianxo foi vencedor no torneo provincial celebrado en Cabana de Bergantiños, proclamándose Jorge Mendez, Brais Rey, Narco Bravo e Xian Castaño, campións provinciais.

O equipo benxamín tamén obtivo un bo resultado acadando o terceiro posto na súa categoría Marcos Carou, Diego Ces, Mateo Lorenzo e Mauro Riveiro.