VI Torneo Concello de A Pobra do Caramiñal

HEVIA CAMPIÓN!!!

Novo éxito dos integrantes do Xadrez Rianxo, desta volta no concello veciño da Pobra do Caramiñal. O torneo disputado polo sistema de rápidas a 15´, tivo lugar o sábado 14 de decembro, onde tras sete roldas o primeiro e o segundo posto foron acadados por Alberto Hevia e Manuel Abuín respectivamente.

Os rianxeiros disputaron unha gran partida "fratricida", que xunto a outros resultados, provocou un triplo empate a puntos entre os tres primeiros clasificados, pero decantándose o torneo do lado de Hevia por ter un mellor desempate final, o cal só cedeu unha das sete partidas disputadas, ante o terceiro clasificado Manuel Barros do Mercantil de Ribeira.

Agradecerlle a organización do torneo ó Clube Deportivo Marquiño xunto coa colaboración da Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal e o patrocinio da Sociedade Liceo Pobrense